Tan só un curso foi necesario para poñer en marcha unha emisora de radio escolar no CEIP de Viñas, un centro marcado pola súa diversidade cultural. Partindo da aula de Audición e Linguaxe e chegando a todo o alumnado, a radio escolar revelouse como unha poderosa ferramenta para a integración e a atención á diversidade, acadando cotas de éxito social e sendo quen de traspasar os muros da escola.
Sonia Fernández Balboa mestra especialista de AL no centro durante o curso 2017-18, xunto con algún do alumnado que participou, fálanos de como foi a experiencia de poñer en marcha “Radio Viñas: la radio de los niños y de las niñas”.
Hai moitos xeitos de propoñer o traballo dos programas de radio dentro da aula, pero sen dúbida a dos retos por equipos é unha das que máis divirte aos pequenos e pequenas.
A contorna do teu centro e o colexio: un programa que potencia as competencias ALFIN/AMI que a UNESCO considera que debemos integrar no noso sistema educativo.
Os bookclubers: un programa pensado para potenciar a lectura nas aulas e nas casas mediante compañeiros e compañeiras que aconsellan a lectura de determinados libros.
O conto dramatizado: un xeito divertido de achegarnos á lectura dos contos e ao emprego das distintas entonacións e modulación da voz, xogando co emprego dos efectos especiais para xenerar ambientes.
Hai que ensinarlle ao noso alumnado como facer un pequeno guión, antes de ir a traballar na radio. Un xeito doado de explicalo e de organizalo é o que vos poñemos a continuación.
Se vos gusta deixámosvos a plantilla en DOC e PDF para que a descarguedes.
Dende “La Aventura de Aprender”, chéganos esta increíble guía de “Cómo hacer una radio”, onde poderedes atopar todo, dende táboas onde se especifican varios orzamentos con precios para mercar diversos materiais, ata todas as especificacións dos cables que necesitades para montala, así como ferramentas didácticas.
No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou…
Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.
A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.
É unha ferramenta didáctica TIC tradicional pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.
Podes ver esta presentación premendo na seguinte ligazón http://bit.ly/aradionaescola dende onde poderás descargala de balde.