Aula de Radio
Aula de Radio é un proxecto didáctico levado a cabo por Cristina Corral Soilán e Javier Prado Espiñeira para a Xunta de Galicia, cunha licenza de formación durante o curso 2019-2020. O curso completo publicarase no repositorio ABALAR da Xunta, pero mentres tanto, xa podemos disfrutar dunha serie de videotitoriais que nos guiarán polas nosas necesidades para coñecer o mundo da radio escolar.
Podedes ver o curso completo e tamén descargalo de balde premendo aquí.
- Os primeiros videos (do 1 ao 7) refírense a contido técnico: mesas de mesturas, micrófonos, auriculares, cables e como montalo todo. Rematando cunha breve explicación de como debemos configurar o noso equipo para ter unha calidade de son profesional.
- Adicamos o video número 8 ao funcionamento do equipo de radio escolar, cunha serie de consideracións prácticas.
- O video número 9 está referido ao espazo da radio escolar, que necesitamos e como organizalo baseado en dous exemplos de radios escolares Caracola Radio do CEIPP San Benito de Lérez e Radio Coviña, no CEIP As Covas de Meaño
- Por último, completamos a serie cun par de videos referidos á canle de podcast e o seu funcionamento.