Orzamentos

Para poder poñerse mans á obra non nos queda outra que falar de cartos, pero non vos asustedes porque hoxe en día a tecnoloxía é moi barata e gastando ben pouco adquírese un bo material que durará moitísimos anos na vosa escola.

Orzamentos

En moitas ocasións os cartos determinarán o tamaño e  as posibilidades da nosa radio, sen embargo podemos decir que hoxe en día trátase dunha inversión pírrica en comparación cos beneficios que aportan ao centro escolar e a toda a comunidade educativa. Sen invertir moitos cartos poderemos optar a productos de moi boa calidade e longa duración.

Nós non somos unha empresa, nin un negocio polo que non vendemos material nin tampouco temos un acordo con tendas concretas. O que si que facemos son recomendacións para que poidades mercar a vosa radio escolar do xeito máis económico, fiable, cómodo e rápido posible. Por esto, todos os orzamentos que poden aparecer nesta web, estarán determinadas pola fluctuación dos precios do mercado, a dispoñibilidade de determinados productos e o momento do ano no que se pode facer a compra.

Nós recomendamos facer sempre a compra en tendas locais para fomentar a nosa economía, sen embargo tamén somos consicentes das economías dos centros escolares e do pouco tempo que se lle pode adicar a solicitar distintos orzamentos e consultar a varios profesionais, polo que senón dispoñedes de tempo e cartos, por aforro e comodidade recomendámosvos que merquedes nunha tenda online. Existen moitas tendas especializadas en contido musical en Internet aínda que sen dúbida as mellores son tres almacéns que se atopan en Alemaña: Music Produktiv, Music Store e Thomann. Todas elas teñen asistencia telefónica en castelán, devolución dos productos gratuitos, diversas formas de pago (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, contrarreembolso…) coa factura correspondente e os envíos acostuman a chegar entre 3 e 5 días.

Tamén podedes preparar un orzamento nas cestas da compra desas webs e despois achegarvos ao voso distribuidor local co material que necesitedes, seguramente que vos igualará o precio e incluso aportará maior calidade en algún dos vosos productos.

Existen dúas posibilidades de orzamento para montar unha radio con garantías, calidade e durabilidade nun centro escolar, onde o uso dos materiais adoita ser intensivo por parte do alumnado: a mínima garantizada e a óptima.

Dende ESPORA recomendamos a opción óptima, que conlevaría cinco micrófonos: catro para a mesa do faladoiro e un para a mesa de control e unha mesa de mezclas USB que permita engadir máis micros no futuro.

Non se inclúe neste orzamento un ordenador, xa que non é necesario mercalo novo, para gravar audio non hai especificacións mínimas, calquer ordenador serve. O editor de audio será o Audacity de software libre.

 APARELLO  DESCRICIÓN MODELO

PVP UD.

UDS.

PRECIO

MESA DE MEZCLAS

Mesa de mezclas con opción USB

233€

1

233€

MICRÓFONOS

Micros dinámicos de tipo cardioide cunha construcción robusta

59€

5

295€

ACCESORIOS DE MICRO

Antivento de cores set de cinco unidades

11,90€

1

11,90€

Cables de micro XLR con código de cores

SM6BL

SM6YE

SM6RD

5,70€

3

17,1€

16,4€

1

16,4€

Pé de micro

10,9€

4

43,6€

Pé de micro de xirafa con cable

40€

1

40€

AURICULARES

Auriculares diadema pechados de estudio

Superlux HD 330 33€

5

165€

DISTRIBUIDOR DE AURICULARES

Distribúe e amplifica os auriculares

22,9€

1

22,9€

Cable distribuidor de auriculares

11,9€

1

11,9€

CABLEADO

Cable jack-jack estéreo.

4,77€

1

4,77€

Cable minijack estéreo -> 2x Jack mono

3,77€

1

3,77€

TOTAL

865,34€

 Podes descargar o seguinte orzamento en PDF, premendo aquí.

* Precios de primavera de 2022 nas tendas online Thomann e Amazon. Na actualidade existe un cambio constante de precios debido á situación internacional.
** A opción de orzamento mínima rondaría os 400€
***Se tedes algunha dúbida escribídenos mediante o noso contacto ou ben ao mail ola@espora.eu