Recursos Didácticos

Aquí podes atopar todos os recursos que precisas para levar a cabo o teu traballo cunha radio escolar.
  • Home
  • Recursos didácticos

A radio escolar na aula de Audición e Linguaxe

Tan só un curso foi necesario para poñer en marcha unha emisora de radio escolar no CEIP de Viñas, un centro marcado pola súa diversidade cultural. Partindo da aula de Audición e Linguaxe e chegando a todo o alumnado, a radio escolar revelouse como unha poderosa ferramenta para a integración e a atención á diversidade, acadando cotas de éxito social e sendo quen de traspasar os muros da escola.

 

Sonia Fernández Balboa mestra especialista de AL no centro durante o curso 2017-18, xunto con algún do alumnado que participou, fálanos de como foi a experiencia de poñer en marcha “Radio Viñas: la radio de los niños y de las niñas”.

Retos para programas de radio

Hai moitos xeitos de propoñer o traballo dos programas de radio dentro da aula, pero sen dúbida a dos retos por equipos é unha das que máis divirte aos pequenos e pequenas.

Aquí vos deixamos tres modelos de retos que empregamos este ano nas formacións de Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia:

  • A contorna do teu centro e o colexio: un programa que potencia as competencias ALFIN/AMI que a UNESCO considera que debemos integrar no noso sistema educativo.
  • Os bookclubers: un programa pensado para potenciar a lectura nas aulas e nas casas mediante compañeiros e compañeiras que aconsellan a lectura de determinados libros.
  • O conto dramatizado: un xeito divertido de achegarnos á lectura dos contos e ao emprego das distintas entonacións e modulación da voz, xogando co emprego dos efectos especiais para xenerar ambientes.

 

Descargar en PDF [528Kbs]

Guía “Cómo hacer una radio”

Dende “La Aventura de Aprender”, chéganos esta increíble guía de “Cómo hacer una radio”, onde poderedes atopar todo, dende táboas onde se especifican varios orzamentos con precios para mercar diversos materiais, ata todas as especificacións dos cables que necesitades para montala, así como ferramentas didácticas.

Non a perdades porque vale o seu peso en ondas!

Guia-LADA_Como-hacer-una-radio

 

O fomento da lectura na aula mediante a radio escolar

No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou…
 
Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.