Ferramentas
Non se trata de coñocer moitísimas ferramentas, senón as necesarias para poder facer o noso traballo. Hai moitas páxinas online que serven para facer o mesmo, dende a ESPORA recomendámosche aquelas gratuitas que son sinxelas de empregar. Centrámonos en 3 ferramentas:
- Editor de audio
- Plataforma de podcasts
- Plataforma de emisión en directo
Para facer radio chéganos cun editor de audio.
Editor de audio
Audacity
http://www.audacityteam.org
http://www.audacityteam.org
É o editor de audio gratuito máis empregado a día de hoxe.
Funciona nos distintos sistemas operativos: Windows, Linux e Mac. Permítenos gravar o son recollido polos nosos micros e a nosa mesa de mezclas, editalos e guardalos en mp3.
Pódelo descargar de xeito gratuito aquí.
Plataforma de podcasts
Un podcast é unha emisión de audio (ou de video) que periódicamente se sube a unha plataforma de Internet para poder ser escoitada polo público. É un sistema actual de radio á carta que empregan todas as emisoras.
Ivoox é a mellor plataforma online gratuita para os nosos podcasts. Crearemos unha conta para o noso centro e despois poderemos crear carpetas por cada curso escolar e por programas.
Ivoox é a mellor plataforma online gratuita para os nosos podcasts. Crearemos unha conta para o noso centro e despois poderemos crear carpetas por cada curso escolar e por programas.
Plataforma de emisión en directo
Mixlr
http://mixlr.com
Debemos crear unha conta para a nosa radio ou o noso centro. E descargaremos a aplicaión que nos permitirá emitir dende o noso ordenador. Pódese emitir durante unha hora de xeito continuado todas as veces que queramos ao longo dun día.