Videotitoriais

Cunha serie de sinxelos videos aprenderás o básico sobre como montar e empregar a túa radio escolar.

A radio escolar na aula de Audición e Linguaxe

Tan só un curso foi necesario para poñer en marcha unha emisora de radio escolar no CEIP de Viñas, un centro marcado pola súa diversidade cultural. Partindo da aula de Audición e Linguaxe e chegando a todo o alumnado, a radio escolar revelouse como unha poderosa ferramenta para a integración e a atención á diversidade, acadando cotas de éxito social e sendo quen de traspasar os muros da escola.

 

Sonia Fernández Balboa mestra especialista de AL no centro durante o curso 2017-18, xunto con algún do alumnado que participou, fálanos de como foi a experiencia de poñer en marcha “Radio Viñas: la radio de los niños y de las niñas”.

O emprego de Audacity III – Cortar pistas

Seguimos coa serie de videotitoriais adicado ao emprego do Audacity, o editor multipista  de audio que serve para calquer sistema operativo e non custa un can.

Nesta ocasión explicamos como recortar as pistas, eliminar un cacho que nos sobra, tanto ao principio da pista, como no medio como ao final da mesma. Agardamos que vos sexa de axuda.

 

Videotitoriais – O emprego de Audacity: consideracións previas

Nesta nova serie de videotitoriais imos explicarvos o funcionamento básico do Audacity, un software de audio libre e que se pode instalar en galego.

É moi sinxelo de empregar e nos centros escolares acostuma a vir instalado nos ordenadores con Linux e a maqueta Abalar. Se queredes instalalo nun ordenador con Windows ou con MAC mira o seguinte videotitorial.

 Ademáis cando comezamos a gravar cunha radio debemos ter en conta unha serie de consideracións básicas, como é o caso da entrada de son. Tamén é fundamental poder gravar os nosos programas en mp3 polo que teremos que instalar a librería LAME MP3 que non ven por defecto co Audacity. No seguinte video podemos ver como temos que facelo.

O fomento da lectura na aula mediante a radio escolar

No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou…
 
Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.