• Home
  • Premios Martín Códax da Música Galega

Premios Martín Códax da Música Galega

Os Premios Martín Códax da Música Galega son promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo e nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.

Así se define dende a propia páxina dos premios https://premiosmartincodaxdamusica.gal, que xa se atopa na súa XI Edición. Con quince categorías musicais e vinte premios otorgados, cada ano dase visibilidade a máis de 400 proxectos da nosa terra.

Na Rede ESPORA participamos cun proxecto didáctico de podcasting nos centros escolares. Dirixido aos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e 2º da ESO, busca divulgar e fomentar a música feita na actualidade en Galicia.