• Home
  • Memoria de elefanta

Memoria de elefanta

Memoria de Elefanta é un programa municipal Memoria Histórica para a mocidade do Concello de Pontevedra. No seu nome xógase coa idea «de quen non esquece nada e que ten a capacidade de lembrar o camiño percorrido». A expresión feminizada fala da importancia que ten incidir na recuperación da Memoria das mulleres.

Podes saber máis nesta ligazón.

A ESPORA participa no apartado técnico e tamén na elaboración de certo contido audiovisual, exemplo disto é o guión que fixemos para o vídeo didáctico “A guerra de España en Galicia“.