A radio escolar é unha ferramenta moi sinxela de empregar xa que a súa técnica é moi intuitiva. Dende ESPORA propoñemos un xeito de traballo que non require de postprodución, é dicir o programa ou podcast xa queda empaquetado e listo para subir á nosa canle de podcasts inmediatamente despois de ter feita a gravación. Consideramos que este é un factor importante en varios sentidos pero sobre todo na idea de que a radio escolar non se convirta nun “traballo extra” do que o profesorado se teña que encargar despois das horas lectivas.
Propoñémosvos aquí varias categorías de videotitoriais, uns basados nas experiencias en centros escolares, outros relativos aos programas de edición e podcasting e máis adiante incluiremos uns relativos á técnica de montaxe dos aparatos. Se vos gustaría que houbera algún outro escribídenos a ola@espora.eu e teremos en conta a vosa proposta.
Podes subscribirte na nosa canle de youtube para ser a primeira persoa en enterarse de que temos un novo videotitorial na Rede, para iso preme aquí.
Curso de radio escolar: Aula de Radio
As mesas de mesturas
Os micrófonos
Os auriculares
Conectores e cables
Distribuidor de auriculares
A montaxe da radio
A configuración da radio
O funcionamento da radio
O espazo para a radio
Crear a canle de podcast
Subir podcast á canle
Experiencias educativas
A radio escolar na aula de Audición e Linguaxe
O fomento da lectura na aula
Como facer RADIO!
A radio escolar na aula de Audición e Linguaxe
Tan só un curso foi necesario para poñer en marcha unha emisora de radio escolar no CEIP de Viñas, un centro marcado pola súa diversidade cultural. Partindo da aula de Audición e Linguaxe e chegando a todo o alumnado, a radio escolar revelouse como unha poderosa ferramenta para a integración e a atención á diversidade, acadando cotas de éxito social e sendo quen de traspasar os muros da escola.
Sonia Fernández Balboa mestra especialista de AL no centro durante o curso 2017-18, xunto con algún do alumnado que participou, fálanos de como foi a experiencia de poñer en marcha "Radio Viñas: la radio de los niños y de las niñas".
O fomento da lectura na aula
No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou… Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.
Como facer RADIO!
Dende o CEIPP de San Benito de Lérez chéganos este video realizado por alumnado técnico/a na radio escolar onde nos explican cales son os pasos que debemos seguir se queremos gravar o noso propio programa.
Emprego de programas e edición e podcasting
Audacity (I) - Instalación
Audacity (II) - Consideracións previas
Audacity (III) - Cortar pistas
Ivoox (I) - Crear canle de podcasts
Ivoox (II) - Publicar podcast
Instalación de Audacity
O Audacity é un software de audio libre e que se pode instalar en galego. É moi sinxelo de empregar e nos centros escolares acostuma a vir instalado nos ordenadores con Linux e a maqueta Abalar. Se queredes instalalo nun ordenador con Windows ou con MAC mira o seguinte videotitorial. Podes descargalo de balde premendo aquí.
Consideracións previas
Cando comezamos a gravar cunha radio debemos ter en conta unha serie de consideracións básicas, como é o caso da entrada de son. Tamén é fundamental poder gravar os nosos programas en mp3 polo que teremos que instalar a librería LAME MP3 (descargar de balde premendo aquí) que non ven por defecto co Audacity. No seguinte video podemos ver como temos que facelo.
Cortar pistas co Audacity
Seguimos coa serie de videotitoriais adicado ao emprego do Audacity, o editor multipista de audio que serve para calquer sistema operativo e non custa un can. Nesta ocasión explicamos como recortar as pistas, eliminar un cacho que nos sobra, tanto ao principio da pista, como no medio como ao final da mesma. Agardamos que vos sexa de axuda.
Crear unha canle de podcasts na plataforma online Ivoox
A plataforma Ivoox hoxe en día é a referencia para as canles de podcasts, non só educativas senón tamén das propias radios comerciais. Nós recomendámola por ter varias vantaxes entre as que se inclúe ser gratuita e permitir subir programas de xeito ilimitado, pero e que ademais Ivoox ten unha licencia pagada á SGAE que nos da cobertura á hora de empregar música con dereitos de autoría.
Publicar podcasts na nosa canle de Ivoox
Publicar os nosos programas de radio é moi interesante, neste video explicamos como facelo e tamén que nos permite facer a ferramenta Ivoox unha vez que están publicados, ademais de poder compartilo a través de correo, RRSS, etc. poderemos embebelo no noso blog ou páxina web do centro.