Orzamentos
En moitas ocasións os cartos determinarán o tamaño e as posibilidades da nosa radio, sen embargo podemos decir que hoxe en día trátase dunha inversión pírrica en comparación cos beneficios que aportan ao centro escolar e a toda a comunidade educativa. Sen invertir moitos cartos poderemos optar a productos de moi boa calidade e longa duración.
Nós non somos unha empresa, nin un negocio polo que non vendemos material nin tampouco temos un acordo con tendas concretas. O que si que facemos son recomendacións para que poidades mercar a vosa radio escolar do xeito máis económico, fiable, cómodo e rápido posible. Por isto, todos os orzamentos que poden aparecer nesta web, estarán determinadas pola fluctuación dos precios do mercado, a dispoñibilidade de determinados produtos e o momento do ano no que se pode facer a compra.
Nós recomendamos facer sempre a compra en tendas locais para fomentar a nosa economía, sen embargo tamén somos conscientes das economías dos centros escolares e do pouco tempo que se lle pode adicar a solicitar distintos orzamentos e consultar a varios profesionais, polo que senón dispoñedes de tempo e cartos, por aforro e comodidade recomendámosvos que merquedes nunha tenda online. Existen moitas tendas especializadas en contido musical en Internet aínda que sen dúbida as mellores son tres almacéns que se atopan en Alemaña: Music Produktiv, Music Store e Thomann. Todas elas teñen asistencia telefónica en castelán, devolución dos productos gratuitos, diversas formas de pago (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, contrarreembolso…) coa factura correspondente e os envíos acostuman a chegar entre 3 e 5 días.
Existen dúas posibilidades de orzamento para montar unha radio con garantías, calidade e durabilidade nun centro escolar, onde o uso dos materiais adoita ser intensivo por parte do alumnado: a mínima garantizada e a óptima.
Dende ESPORA recomendamos a opción óptima, que conlevaría cinco micrófonos: catro para a mesa do faladoiro e un para a mesa de control e unha mesa de mezclas USB que permita engadir máis micros no futuro.
Non se inclúe neste orzamento un ordenador, xa que non é necesario mercalo novo, para gravar audio non hai especificacións mínimas, calquer ordenador serve. O editor de audio será o Audacity de software libre.
APARELLO | DESCRICIÓN | MODELO | PVP UD. | UNIDADES | IMAXE | PRECIO |
MESA DE MESTURAS | Mesa de mesturas con opción USB | Behringer Xenyx X1222USB | 233€ | 1 | 233€ | |
MICRÓFONOS | Micros dinámicos de tipo cardioide cunha construción robusta e sen interruptor on/off | T.bone MB75 Beta | 44€ | 5 | 220€ | |
ACCESORIOS DE MICRÓFONOS | Antivento de cores set de cinco unidades | T.bone widescreen set WS5 | 11,90€ | 1 | 11,90€ | |
Cable de micro XLR azul | SM6BL | 5,70€ | 1 | 5,70€ | ||
Cable de micro XLR amarelo | SM6YE | 5,70€ | 1 | 5,70€ | ||
Cable de micro XLR vermello | SM6RD | 5,70€ | 1 | 5,70€ | ||
Cable de micro XLR laranxa | Cordial CTM 5 FM-OR | 18,40€ | 1 | 18,40€ | ||
Pé de micro para a mesa de faladoiro | Superlux HM-6 | 11€ | 4 | 44€ | ||
Pé de micro de xirafa con cable de micro XLR para a mesa de mesturas | Millenium MA- 2050 | 40€ | 1 | 40€ | ||
AURICULARES | Auriculares diadema semiabertos de estudio | Superlux HD-681 | 23,90€ | 5 | 119,50€ | |
Distribúe e amplifica catro auriculares | Beringher HA400 | 29€ | 1 | 29€ | ||
Cable distribuidor de auriculares permite conectar a saída de auriculares da mesa ao distribuidor e a un quinto auricular | Cordial CFY 0.3 VKK | 11,90€ | 1 | 11,90€ | ||
Cable jack-jack estéreo. Conecta o distribuidor de auriculares coa saída da mesa a través do cable anterior. É fundamental que sexa ESTÉREO. | The sssnake SPP2050 | 4,77€ | 1 | 4,77€ | ||
CABLES | Cable minijack estéreo -> 2x Jack mono. Conéctase á saída de audio do ordenador a unha canle estéreo da mesa de mesturas para poñer música. | The sssnake YPK2030 | 3,77€ | 1 | 3,77€ | |
TOTAL | 748,79€ |
Podes descargar o seguinte orzamento en PDF, premendo aquí.