Aula de Radio

Fixemos este curso pensando en resolver todas as dúbidas que poden xurdir mentres tratades de poñer en marcha unha radio escolar no centro, tanto técnicas como didácticas.

Aula de Radio

Aula de Radio é un proxecto didáctico levado a cabo por Cristina Corral Soilán e Javier Prado Espiñeira para a Xunta de Galicia, cunha licenza de formación durante o curso 2019-2020. O curso completo publicarase no repositorio ABALAR da Xunta, pero mentres tanto, xa podemos disfrutar dunha serie de videotitoriais que nos guiarán polas nosas necesidades para coñecer o mundo da radio escolar.

Podedes ver o curso completo e tamén descargalo de balde premendo aquí.

  • Os primeiros videos (do 1 ao 7) refírense a contido técnico: mesas de mesturas, micrófonos, auriculares, cables e como montalo todo. Rematando cunha breve explicación de como debemos configurar o noso equipo para ter unha calidade de son profesional.







  • Adicamos o video número 8 ao funcionamento do equipo de radio escolar, cunha serie de consideracións prácticas.

  • O video número 9 está referido ao espazo da radio escolar, que necesitamos e como organizalo baseado en dous exemplos de radios escolares Caracola Radio do CEIPP San Benito de Lérez e Radio Coviña, no CEIP As Covas de Meaño

  • Por último, completamos a serie cun par de videos referidos á canle de podcast e o seu funcionamento.