CFRs – CAFI
Dende antes de que nacera a Rede ESPORA como conxunto de profesorado que fomenta o emprego da radio escolar, moitos de nós xa nos adicabamos a compartir as nosas experiencias con compañeiras e compañeiros de toda Galicia, a través do seus Centros de Formación (CFRs) e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación).
Ben a través dos PFPPs (Plans de Formación Permanente do Profesorado) dos centros educativos ou en sesións, ponencias ou ciclos intensivos recorremos toda Galicia, traballando para o CFR de Coruña, de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo, e tamén para o CAFI. Seguimos formando durante a pandemia mediante videoconferencias. Ademais tamén axudamos aos compañeiros e compañeiras asesores/as que traballan nestes centros a mercar e incorporar a tecnoloxía da radio ao seu sistema de empréstito para os centros.
Podemos dicir cheos de fachenda que nestes últimos anos tivemos a sorte de axudar a varios miles de compañeiros e compeñeiras de toda Galicia con máis de mil horas de formación ás nosas costas. Por iso, dende aquí, queremos aproveitar para dar as grazas, en nome de quen conformamos Rede ESPORA, pola boa acollida que sempre tivemos nos centros educativos, tanto nos CFRs e CAFI, como nas propias escolas e institutos aos que temos ido. Grazas por facer que a lapa da radio escolar se manteña acesa coa vosa ilusión.
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Instalación da radio no CAFI
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación profesorado
Formación online
Formación profesorado
Formación online
Formación profesorado
Formación oline
Formación profesorado