Día Mundial da Radio 2022 – World Radio Day 2022
MEDIOS REPONSABLES NAS AULAS
Cando na actualidade alguén se quere referir á importancia que ten a prensa faino dicindo que é o cuarto poder. Pero sabemos de onde vén esa expresión? Pois concretamente do século XVIII, cando o anglo – irlandes Edmund Burke, a pronunciaría no debate de apertura da Cámara dos Comúns do Reino Unido, dicindo literalmente que no parlamento había catro poderes: os Lores Espirituais (o representantes da igrexa), os Lores Temporais (a nobreza) e os Comúns (os políticos) e finalmente sinalaba á tribuna da prensa, onde sentaba o cuarto poder, de lonxe, o máis importante de todos eles.
Ese sería o inicio dunha longa traxectoria na que os medios de comunicación servirían a través da historia para comunicar, pero moitas veces tamén para marcar o rumbo da sociedade, converténdose nunha especie de compás da nosa civilización.
É por iso que, a escola, como axente socializador, non pode permanecer allea á súa presenza. E exemplo do devandito, é a volta ao escenario dunha “antiga” tendencia educativa na que as radios escolares colonizan de novo os centros escolares, para ensinar a alumnado e profesorado o forte poder que ten -en calquera sector que apareza- un medio de comunicación.
Desde Espora, queremos unirnos á proposta que este ano a UNESCO fai para lembrar a enorme responsabilidade que supón o facer que os medios de comunicación sexan fontes veraces de transmisión de información e coñecemento. Só cun uso resposable dos medios, tanto sendo emisores como receptores, poderemos contribuír a desenvolver unha sociedade máis xusta e igualitaria. A elección está nas nosas mans.
Colaboraron neste fantástico traballo os seguintes centros: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Frián en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP Plurilingüe da Torre Cela en Bueu, CEIP Plurilingüe Virxe do Carme -Sober, CEIP da Pobra de Brollón, CEIP Rosalía de Castro de Lugo, CEIP Seara de Moaña, CEIP de Seixo – Marín, CEIP Manuel Masdías e o CEIP de Olveira – Ribeira.