Día Mundial da Radio 2024 – World Radio Day 2024
Día Mundial da Radio 2024 – Un século informando, entretendo e educando
No 1873, James Clerk Maxwell falaba por primeira vez das bases teóricas da propagación das ondas electromagnéticas, nun documento dirixido á Royal Society era Unha teoría dinámica do campo electromagnético.
So 15 anos máis tarde Heinrich Rudolf Hertz, si aí está o tema dos “hertzios”, foi o primeiro en experimentar con esa teoría de Maxwell, ao idear non so como “crear” artificialmente tales ondas electromagnéticas, senón tamén como detectalas… e o seguinte foi o resultado de que hoxe esteades escoitando a miña voz: a posta en práctica deste “toma e daca” electromagnético. Este invento marabilloso ben merece que as ondas que nos están poñendo en contacto con medio mundo leven o nome de “Ondas hertzianas”.
E dende aquelas, amigos, amigas, pois xa choveu… aló van máis de cen anos de radio e horas e horas de ensinar, entreter, manipular, divertir, convencer, etc etc, porque a radio dura coma un penedo superou todo tipo de acontecementos mundiais e devires da sociedade, e nin o video kill the radio star, como moitos agoirentos vaticinaron…
A radio agarrouse con forza a aquilo que dicía o premio Nobel de literatura, Camilo José Cela: “o que resiste gaña”. E gañou, bueno si gañou! Gañou tanto que se reproduciu e pariu ao seu fillo máis novo: o podcast, e máis se temos en conta que Dona Radio, a súa nai, é xa centenaria…
Un século de ondas hertzianas ao redor do mundo enteiro! Nin máis nin menos…
Por iso, este ano a ESPORA deixa aquí a súa pequena pegada en forma de proposta aberta a todas aquelas persoas que queiran contribuir a facer da radio un instrumento educativo e constructivo, un instrumento que remate coas desigualdades doutros tempos que as veces nos chegaban en forma de programas, publicidades, etc. intentando usalas de xeito inadecuado e como instrumento de división do mundo. Nós apostamos por que a radio destes tempos sexa quen de poñer en valor, que dentro de cada corpo e cada voz existen persoas individuais, coas súas características propias e únicas e sobre todo ceibes, moi ceibes, co absoluto e magnífico dereito de vivir libremente.
- CEIP Plurilingue Frian Teis – Vigo
- CEIPP San Benito de Lérez – Pontevedra
- CLUBE – IES San Clemente – Santiago de Compostela