Entreliñas
Entreliñas é un podcast destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas e a Xunta de Galicia.
Ten formato de magacín radiofónico e está presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto. Nel abórdanse diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición e a lectura. Contamos coa participación de Belén G. Freijeiro e na nosa memoria lembraremos con agarimo, xa para sempre, a presenza nel de Marcos López.
Polos seus diferentes capítulos pasaron autores e autoras como Marilar Aleixandre, Ismael Ramos, Estíbaliz Espinosa, María Solar, Ledicia Costas ou Dores Tembrás.
En Entreliñas, tamén se analizan iniciativas das diferentes bibliotecas, convérsase con directores/as e técnicos/as dos varios espazos bibliotecarios públicos e amósanse recomendacións lectoras de persoas referentes no ámbito literario galego.
A ESPORA colabora no plano do soporte técnico.
Podedes escoitar Entreliñas en Spotify