Materiais

Unha radio escolar pode ser grande ou pequena, todo depende da túa imaxinación, pero vai a necesitar unhas cousas básicas para empezar.
  • Home
  • Que precisas para montar unha radio escolar?

Que precisas para montar unha radio escolar?

Pódense facer radios de moitos xeitos e con moitos compoñentes e materiais. Unha simple gravadora, un micro conectado a un ordenador ou un móbil cunha aplicación de gravadora pódense convertir nunha radio.

Sen embargo, para ter unha ferramenta didáctica potente o mellor e contar cun espazo permanente dentro do centro escolar que funcione como radio.

Un aula pequena, un habitáculo de departamento ou de ciclo, un pequeno almacén, … calquera pode ser un bo lugar para montar a túa radio. Vexamos que necesitamos poñer alí.

Compoñentes que conforman unha radio

  • Mesa de mezclas


    É o cerebro da nosa radio. A zona de control.

    O ideal é que teña alomenos 6 canais de entrada e varias saídas.

    - Entradas ou inputs: conéctanse os micros, un reproductor de cd ou mp3. 
    - Saídas ou outputs: saída ao ordenador (USB ou RCA), auriculares ou altofalantes.
  • Micrófonos


    Para a radio empréganse micros de tipo dinámico.

    Este tipo de micro emprégase principalmente para recoller a voz e a súa característica e que non necesitan pilas.

    É aconsellable que sexan robustos xa que son os que máis sufren o desgaste. 

    Ter cinco micros é ideal: un para a zona de control e outros catro para a mesa de faladoiro.

  • Auriculares



    H
    ai que escoitar ben e protexer os oídos polo que non debemos escatimar nos cartos neste punto. 

    O
    s auriculares ideais son os de tipo pechado con diadema.

    Non se deben empregar auriculares de "botón" ou de ordenador.

  • Pés de micro con pinza de micro


    Para a mesa do faladoiro necesitarase u
    n pé por micro.

    Para a zona de control o mellor é empregar un pe de micro de tipo pértiga ou "broadcasting".

    Respecto ás pinzas de micro, non todos os micros as traen, se hai que mercalas aparte, hai que fixarse xa que existen de distintos calibres segundo o micro.
  • Antivientos



    C
    oñecidos como "alcachofas", evitan os golpes de aire da voz e "limpan" o son que chega da nosa voz.

    O ideal é que sexan de cores para poder identificar dun xeito rápido ás persoas que están falando. Son moi baratos.
  • Distribuidor de auriculares



    P
    ermite ter varios auriculares á vez, e ademais controlar o volumen de cada un

    É outra peza imprescindible que irá conectada á saída de auriculares da mesa de mezclas cun cable jack-jack estéreo que haberá que mercar aparte.
  • Cables


    - Cable XLR
    ou canon: son os cables dos micros, necesitarás un por cada micro que teñas.

    - Cable jack-jack estéreo: para conectar a saída de auriculares da mesa ao distribuidor de auriculares. 

    - Cable RCA-minijack: para conectar un reproductor de música, cd, mp3, móbil... á mesa de mezclas.
  • Ordenador


    C
    alquer ordenador con Linux, Windows ou iOS servirá. 

    Non é necesario que sexa moi moderno nin que teña moita memoria RAM ou disco duro, xa que os programas de audio non requiren de moita potencia.

    É preferible un ordenador de escritorio ou sobremesa xa que a tarxeta de son que leva ten máis posibilidades que a dun portátil e normalmente xenera menos interferencias.

Preme nesta ligazón e descarga de balde unha infografía en formato PDF.