Orzamentos

Para poder poñerse mans á obra non nos queda outra que falar de cartos, pero non vos asustedes porque hoxe en día a tecnoloxía é moi barata e gastando ben pouco adquírese un bo material que durará moitísimos anos na vosa escola.

Orzamentos

En moitas ocasións os cartos determinarán o tamaño e  as posibilidades da nosa radio, sen embargo podemos decir que hoxe en día trátase dunha inversión pírrica en comparación cos beneficios que aportan ao centro escolar e a toda a comunidade educativa. Sen invertir moitos cartos poderemos optar a productos de moi boa calidade e longa duración.

Nós non somos unha empresa, nin un negocio polo que non vendemos material nin tampouco temos un acordo con tendas concretas. O que si que facemos son recomendacións para que poidades mercar a vosa radio escolar do xeito máis económico, fiable, cómodo e rápido posible. Por isto, todos os orzamentos que poden aparecer nesta web, estarán determinadas pola fluctuación dos precios do mercado, a dispoñibilidade de determinados produtos e o momento do ano no que se pode facer a compra.

Nós recomendamos facer sempre a compra en tendas locais para fomentar a nosa economía, sen embargo tamén somos conscientes das economías dos centros escolares e do pouco tempo que se lle pode adicar a solicitar distintos orzamentos e consultar a varios profesionais, polo que senón dispoñedes de tempo e cartos, por aforro e comodidade recomendámosvos que merquedes nunha tenda online. Existen moitas tendas especializadas en contido musical en Internet aínda que sen dúbida as mellores son tres almacéns que se atopan en Alemaña: Music Produktiv, Music Store e Thomann. Todas elas teñen asistencia telefónica en castelán, devolución dos productos gratuitos, diversas formas de pago (transferencia bancaria, tarxeta de crédito, contrarreembolso…) coa factura correspondente e os envíos acostuman a chegar entre 3 e 5 días.

Existen dúas posibilidades de orzamento para montar unha radio con garantías, calidade e durabilidade nun centro escolar, onde o uso dos materiais adoita ser intensivo por parte do alumnado: a mínima garantizada e a óptima.

Dende ESPORA recomendamos a opción óptima, que conlevaría cinco micrófonos: catro para a mesa do faladoiro e un para a mesa de control e unha mesa de mezclas USB que permita engadir máis micros no futuro.

Non se inclúe neste orzamento un ordenador, xa que non é necesario mercalo novo, para gravar audio non hai especificacións mínimas, calquer ordenador serve. O editor de audio será o Audacity de software libre.

APARELLO DESCRICIÓN MODELO PVP UD. UNIDADES IMAXE PRECIO
MESA DE MESTURAS Mesa de mesturas con opción USB Behringer Xenyx X1222USB 233€ 1 233€
MICRÓFONOS Micros dinámicos de tipo cardioide cunha construción robusta e sen interruptor on/off T.bone MB75 Beta 44€ 5 220€
ACCESORIOS DE MICRÓFONOS Antivento de cores set de cinco unidades T.bone widescreen set WS5 11,90€ 1 11,90€
Cable de micro XLR azul SM6BL 5,70€ 1 5,70€
Cable de micro XLR amarelo SM6YE 5,70€ 1 5,70€
Cable de micro XLR vermello SM6RD 5,70€ 1 5,70€
Cable de micro XLR laranxa Cordial CTM 5 FM-OR 18,40€ 1 18,40€
Pé de micro para a mesa de faladoiro Superlux HM-6 11€ 4 44€
Pé de micro de xirafa con cable de micro XLR para a mesa de mesturas Millenium MA- 2050 40€ 1 40€
AURICULARES Auriculares diadema semiabertos de estudio Superlux HD-681 23,90€ 5 119,50€
Distribúe e amplifica catro auriculares Beringher HA400 29€ 1 29€
Cable distribuidor de auriculares permite conectar a saída de auriculares da mesa ao distribuidor e a un quinto auricular Cordial CFY 0.3 VKK 11,90€ 1 11,90€
Cable jack-jack estéreo. Conecta o distribuidor de auriculares coa saída da mesa a través do cable anterior. É fundamental que sexa ESTÉREO. The sssnake SPP2050 4,77€ 1 4,77€
CABLES Cable minijack estéreo -> 2x Jack mono. Conéctase á saída de audio do ordenador a unha canle estéreo da mesa de mesturas para poñer música. The sssnake YPK2030 3,77€ 1 3,77€
TOTAL 748,79€
WordPress Responsive Table

 Podes descargar o seguinte orzamento en PDF, premendo aquí.

* Precios actualizados en outono de 2024 na tenda online Thomann. 
** A opción de orzamento mínima rondaría os 400€.
***Se tedes algunha dúbida escribídenos mediante o noso contacto ou ben ao mail ola@espora.eu