Polos Creativos
Durante o curso 2022-23 creouse pola Xunta de Galicia o proxecto Polos Creativos, que daba saída a unha grande cantidade de cartos da Unión Europea fundamentada na idea de promover a aprendizaxe STEAM.
Nese primeiro ano 225 centros de Galicia comezaron no proxecto e ao longo do 2023-24 incorporáronse outros 1.000 centros.
A Xunta de Galicia define o proxecto como espazos educativos innovadores cun deseño modular, dotados de equipación especializada, que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos.
Dentro da dotación que se enviou aos centros existe unha pequena estación de radio con dous ou tres micros, dependendo do centro, unha mesa de mesturas e uns auriculares.
Ao longo destes últimos cursos participamos na formación de numerosos centros neste ámbito dos Polos Creativos.