Proxecto didáctico II: VII Premios Martín Códax da Música
Este ano comezamos unha nova colaboración coa Asociación Músicas ao Vivo e os Premios Martín Códax da Música Galega. Debido ao extraordinario da situación que estamos vivindo coa suspensión das clases polo COVID-19 pensamos que a radio é o medio máis axeitado para achegarnos uns aos outros.
Nesta ocasión creamos unha unidade didáctica pensada na identidade de xénero dentro da música galega. Unha proposta divertida e interesante para coñecer un pouco máis sobre a figura das mulleres na nosa música galega.
Como dicía o noso queridísimo Fran Pérez “Narf”: “Somos dunha tribu que acredita no futuro”.