Salón do Libro

Dende o ano 2019 formamos parte activa dos obradoiros do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Ofrecemos nestes encontros co profesorado a posibilidade de descubrir o enorme potencial que ten a radio na escola, sempre adaptándonos á temática que ofrece cada ano O Salón, de xeito que quede de manifesto a versatilidade que ofrece a radio como ferramenta didáctica.

A Revolución, Xogar ou o V Congreso Internacional de Mediación Lectora foron algunhas das nosas participacións. No seguinte vídeo podedes ver unha das nosas intervencións.