TADEGA + Universidade de Vigo
A radio escolar revelouse xa hai tempo como unha poderosa ferramenta para a integración e a atención á diversidade, acadando cotas de éxito social e sendo quen de traspasar os muros da escola. A participación no VIII Congreso TADEGA e a Universidade de Vigo: “15 anos de comunidade, tecnoloxía, diversidade e inclusión” mediante un obradoiro, permitiunos amosar ao profesorado asistente o enorme potencial que a radio escolar pode ter en todo o centro, pero en especial co alumnado de NEAE.
https://tadega.net/arquivos/7365
Pódese consultar o programa completo aquí.