• Home
  • Xornada de bibliotecas escolares de Galicia

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia

Despois da chegada do proxecto “Radio na Biblio” ao mundo das bibliotecas escolares o interese por aprender a empregar esta ferramenta multiplicouse. 

Dende Rede ESPORA participamos en varias ocasións nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, que se celebran cada ano no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. 

En 2017 compartimos ponencia cun xornalista radiofónico de primeiro nivel, Luís Pardo. Foi todo un pracer relacionar experiencias dende a aula ata o mundo profesional.

En 2022 pechando estas xornadas tivemos a honra de estar con Gonzalo Moure e neste caso compartimos mesa de proxectos co profesorado do IES Xelmirez I.

Falar da experiencia do mundo da radio escolar diante de compañeiros e compañeiras de toda Galicia soi un momento moi especial.