• Home
  • Día Mundial da Radio 2023 – World Radio Day 2023

Día Mundial da Radio 2023 – World Radio Day 2023

Día Mundial da Radio 2023 – Radio e Paz

Neste 2023 que está recén nado, ler, escoitar ou ver os medios de comunicación son sinónimo de ter ante nós unha chea de novas relacionadas coa guerra, aunque que máis ben, deberiamos dicir coas guerras, porque inda que Ucrania colapsa casi todas as publicación e emisións, poderiamos tamén falar de Armenia e Azerbaián, Birmania, Irán, Yemen, Etiopía, República Democrática do Congo e Grandes Lagos, Sahel, Ucrania, Haití, Pakistán ou Siria, territorios todos eles, nos que entre o ano pasado e este non houbo ninguna tregua para os conflictos bélicos.

A guerra é algo tan terrible que poucas veces nos deixa afastar o foco mediático dela e das súas nefastas consecuencias. Por iso, este ano, que no Día Mundial da Radio se nos da a oportunidad de falar de paz, queremos facelo dende os sitios onde sería necesario orquestrar unha carreira “desarmamentística” global, as escolas.

Dende elas, quixemos lembrarlle ao planeta enteiro, que sempre existiron, e esperemos que nunca deixen de existir, momentos nos que homes e mulleres de moitos lugares fixeron todo o posible ( e incluso ás veces o imposible) por conseguir que persoas, territorios, países, veciñanzas, etc. tras algún tipo de conflito (armado ou non), chegaran a acordos de entendemento que non so acabaran coa belicosidade, senón que incluso sentaran algún precedente de paz de futuro para a comunidade na que aconteceron.

Na ESPORA xa so nos queda citar a Newton, que falaba de que para acadar a paz había necesidade de construir menos muros e máis pontes, velaiquí vai a nosa, construida na seguranza das ondas e co mellor dos piares: a educación.

Feliz Día Mundial da Radio.

Participou neste podcast o alumnado dos centros:
CEIP Pobra do Brollón
CEIP Enrique Barreiro Piñeiro
CEIP Víctor Sáenz
CPIP O Cruce
CEIP Laredo
CEIPP Ponte Xubia
EOI Vilagarcía de Arousa
IES San Clemente