Recursos didácticos
Mediante esta sección queremos dotar ao profesorado de recursos válidos para traballar na aula, ben porque xa os empregamos noutras ocasións e sabemos que funcionan, como é o caso dos precociñados ou ben porque sabemos que son necesarios para poder levar a cabo mellor os nosos programas de radio na aula, como sería o caso dos bancos de sons gratuítos, as ideas para poder traballar na aula en formato de radio, ou recursos web de referencia radiofónica…
Na Rede existen moitísimas páxinas ás que se lle pode sacar proveito dunha ou outra forma para traballar na aula, así que sen ánimo de abrumar poñemos algunhas nesta sección que sempre está aberta a incorporar novidades. Agardamos poder ser útiles.
Precociñados
Aquí vos deixamos unha serie de retos, que non son outra cousa que fichas con pequenas ideas para poñer en marcha guións de programas de radio feitos en equipo. A maioría están pensados para niveis de Educación Primaria e Secundaria que xa teñen adquirida a lectura a escritura, sen embargo moitos deles poderíanse adaptar sen maior dificultade a distintos niveis educativos.
| | |
---|
Título do reto | Descrición | Ficheiro |
A contorna do centro | Un reto para potenciar as competencias ALFIN/AMI buscando información sobre a contorna do noso centro e tamén falando da nosa escola. | |
Os bookclubers | Un programa pensado para potenciar a lectura nas aulas e nas casas mediante compañeiros e compañeiras que aconsellan a lectura de determinados libros. | |
O conto dramatizado | Un xeito divertido de achegarnos á lectura dos contos e ao emprego das distintas entonacións e modulación da voz, xogando co emprego dos efectos especiais para xerar ambientes. | |
O reto do 8M | Un programa para achegarse ao feminismo e ao concepto de sororidade nesta data tan importante do calendario mundial. | |
O Clube d@s poetas galeg@s | Darlle voz @s poetas galeg@s menos coñecid@s é a finalidade deste reto que nos achegará a aqueles/as poetas que podemos ter moito máis preto do que pensamos. | |
Minicontos | A radio non só é un medio de oralidade, senón que tamén o é de escrita e creativa. Con esta actividade ao máis puro estilo Rodari divertiranse creando pequenas historias. | |
Somos poetas transformadores/as | Unha nova versión da famosa técnica literaria do "cadáver exquisito" para chegar a crear novos poemas partindo dos xa existentes. Un reto divertido e creativo. | |
Soñan os polbos cando dormen? | Con este inxenioso título proponse un reto de investigación científica e debate, partindo dunha nova moi interesante e a nosa capacidade para poñer en marcha o método científico. | |
WordPress Responsive Table
Bancos de sons (gratuítos)
-
INTEF (Procomún)
-
Youtube Audiolibrary
-
Soundbible
-
BBC Sounds Effects
-
Sonidos mp3 gratis
-
Mixkit
-
Internet Archive
-
Despois de moitos anos sendo unha referencia para descargar recursos multimedia gratuítos, a páxina do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) modernizouse e creou Procomún, unha rede de recursos educativos en aberto, onde podemos atopar sons, imaxes, vídeos... Dende aquí podes descargar máis de seis mil sons de xeito gratuíto.
-
A mellor librería de música e sons en aberto que podemos atopar. Para poder acceder a ela debemos ter unha conta de Gmail.
Neste banco, ademais de atopar sons por categorías, poderemos facer búsquedas de músicas filtrando por estilos (rock, pop, infantil, navideña, funk, jazz...) e o que resulta máis práctico, por estados de ánimo (alegre, inspirador, romántico, triste...). -
Un banco de sons libres e gratuítos onde podemos atopar todo tipo de sons. A web só acepta o inglés polo que para atopar o son que buscamos deberemos empregar este idioma nas nosas búsquedas. Outra posibilidade é empregar un traductor de páxina se non dominamos o idioma anglosaxón.
-
A BBC pon a disposición do público os seus bancos de sons e efectos sonoros, de xeito gratuíto. Sons que podemos buscar empregando o inglés como sucede con SoundBible ou ben polas súas categorías.
Con máis de trinta mil sons, ofrece tamén a posibilidade de mezclalos na propia web e descargar o produto resultante da túa mezcla, sen necesidade de empregar ningún editor de son. -
Con este nome tan directo atopamos un banco de sons do que podemos descargar cortinas musicais clásicas empregadas nas radios comerciais dende hai moitos anos. Músicas de espera, noticieiros, separadores, efectos cómicos... nesta web podes atopar dende o son do videoxogo Mario ata clásicos dos debuxos animados. Unha referencia moi práctica. -
Mixkit é un banco de recursos que dispón de sons, vídeos, música, ... gratuítos. Para realizar as búsquedas hai que facelo en inglés. É importante fixarse que os sons gratuítos son os que teñen cor azul, porque nas búsquedas tamén saen uns verdes recomendados, pero é unha publicidade posto que eses son de pago.
-
Archive.org é posiblemente un dos bancos de recursos libres e gratuítos máis grandes da Internet. Sen ánimo de lucro, distribúe dende cine, vídeos, libros, imaxes, sons... pasando incluso por software libre. Coa idea de ser un fondo histórico, no banco de sons por exemplo podemos atopar máis de 13 millóns de entradas con por exemplo emisións das primeiras radios piratas que emitían nos EEUU.
Música galega e en galego
Ás veces esquecemos que a escola tamén ten que ser un lugar de difusión da nosa cultura. Case sen darnos conta, por comodidade ou descoñecemento, acabamos empregando música de éxitos de radiofórmula dos que nin temos os dereitos de publicación, nin convén moito que se reforce a súa escoita dende os centros educativos. En Galicia hai grandes artistas e faise moita música de calidade, en ocasións descoñecida para o gran público. Dende aquí remarcamos que empreguedes música feita en Galicia. Estos son algúns recursos para descubrila.
-
Esta é a web dos Premios Martín Códax da Música Galega creados pola Asociación Músicas ao Vivo para dar a coñecer o talento musical galego. Celébranse cada ano co Pazo da Cultura de Pontevedra. Na súa web podes atopar os proxectos actuais que se presentan a este certame para divulgar a súa música.
-
GalicianTunes é a marca da promoción internacional da música galega, ideada como plataforma conxunta das institucións, empresas e asociacións profesionais do sector musical en Galicia. Baixo este selo a nosa música está presente en feiras e mercados musicais, así como festivais internacionais. Podes atopar un amplo catálogo por estilos musicais tanto de artistas que están en activo, como daqueles que xa non o están.
-
Integrada na marca Xabarín, pon a disposición dos usuarios e usuarias unha selección coas mil mellores cancións en lingua galega para @s máis pequen@s. Aínda que ata o dagora Radio Picariña funcionaba como un reproductor que permitía escoller e escoitar as cancións por orde alfabética, semella que no último tempo está a sufrir unha remodelación. Aínda se pode escoitar nesta ligazón.
-
Dende 2006 existe esta plataforma chamada Podgalego, nacida para dar a coñecer e divulgar os podcast feitos en galego. Unha comunidade que foi medrando co paso do tempo e que na actualidade ten unha boa chea de podcast dos cales trinta e seis están adicados á música e podes descubrilos nesta ligazón, algúns tan coñecidos como "Ábrete de orellas".
-
GZMúsca é web dedicada á música galega que e pretende achegar información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil! Moita actualidade das bandas maís actuais, unha televisión propia, festivais... con máis de dez anos dende que comezou esta publicación xa é toda unha referencia.
Recursos web
Unha escolma de descubertas que topamos nas Redes e que dun xeito directo ou algo máis revirado poden achegar ideas e recursos para o noso traballo nas escolas.
Recursos técnicos
| | |
---|
Título | Descrición | Ligazón |
Obradoiro dixital galego | Titoriais, consellos e recursos para facer e escoitar podcast dende a web do Obradoiro Dixital Galego | |
Obradoiro dixital galego | Aquí podedes atopar algúns recursos libres, ou case, que podedes empregar para os vosos vídeos, directos ou podcasts. | |
¿Qué es un podcast? | Explicación e práctica sinxela de Aitor Lázpita, profesor de Lingua Castelá no IES Nazarí de Salobreña (Granada) | |
Muse Hub | Efectos, sons e plugins gratuítos para traballar con Audacity. | |
Auphonic | App de IA automática para a edición e postprodución de podcast | |
Suno | Páxina de IA que permite crear cancións con letra ou instrumentais partindo dunha idea básica do estilo musical que queres. | |
WordPress Responsive Table
Podcast singulares
| | |
---|
Título | Descrición | Ligazón |
Os Andares | Un grupo de artistas do teatro, o cine documental, a poesía e a música producimos seis creacións de audio, seis viaxes sonoras nalgúns dos espazos máis máxicos da Serra dos Ancares. Seis capítulos, cada un escrito por unha autora, nos que se mestura o documental e a ficción, co fin de profundizar un pouco no coñecemento desta Reserva da Biosfera, a súa cultura e os sentires dos seus habitantes. | |
Podgalego | Dende 2006 existe esta plataforma chamada Podgalego, nacida para dar a coñecer e divulgar os podcast feitos en galego. Actualmente dispón de máis de 160 podcast feitos en galego. | |
Los cuentos para Ulises | Trátase dun podcast con pequenas historias de pouco menos de dous minutos nos que Juan Carlos Ortega narra ao estilo de antes, contos cunha ensinanza que en moitos casos pódense empregar na aula de diversos xeitos. O xiro narrativo, o sarcasmo, as inferencias, ... comprensión auditiva a todos os niveis. | |
Despierta tu curiosidad | Un podcast de National Geographic cheo de curiosidades relacionadas directamente coas efemérides correspondentes. Luis Quevedo, divulgador científico e María José Rubio, escritora e historiadora dirixen este podcast diario que non acostuma a durar máis de seis minutos. | |
Site Unspecific | Proxecto ideado e producido por cabosanroque. Unha serie de obras sonoras para experimentar en solitario en diferentes espazos arquetípicos (o supermercado, o parque, o bar, o cemiterio, o bosque, a cidade, unha igrexa, a casa…) de maneira que sempre se produce un xogo de correspondencias e contradicións entre o espazo escoitado, o espazo visto e o lugar imaxinado. Unha invitación ao xogo e á reflexión. | |
Ecos de Jorge Carrión | As baleas e os glaciares parécense: son grandes monstros mariños e acústicos. Os humanos e as baleas parecémonos: ambos creamos música a través da auga. Levamos un século explorando as capas sonoras dos océanos: que aprendemos desa escoita? Un episodio sobre bioacústica submarina, o canto das baleas, o hidrórgano e a teoría de iceberg de Ernest Hemingway. | |
Documentos RNE | Tras as súas dúas décadas de historia logrou converterse nun referente dos espazos documentais na radiodifusión española. | |
Tres en la carretera | Desnortada con Rosalía Rial. Radio 3. RNE Cinema: "Envés". Costa da Morte. Ventos. Poesía. Música. Vídeopoemas. Unha viaxe con Rosalía Fernández Rial. | |
WordPress Responsive Table
Patrimonio sonoro
| | |
---|
Título | Descrición | Ligazón |
Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego | O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural. | |
O que non se escribe | Xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro. Unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. A paisaxe sonora. Escoitar chover sobre a uralita, unha pota no lume, un coche que pasa, un veciño que saúda, unha máquina, os zapatos no chan, o vaso na mesa. | |
Mulleres que viven soas | Do real á ficción, sen saír da realidade: Mulleres que viven soas, un proxecto sonoro e teatral do que non se conta. Unha proposta que nace da oralidade, das historias que se contan nas vilas e que perviven entre a veciñanza, que se converteu en contos e que agora volve á pura realidade cos testemuños de mulleres que decidiron vivir soas. Un proxecto de Berrobambán, partindo dun espectáculo de Paula Carballeira. | |
WordPress Responsive Table
Propostas diversas
| | |
---|
Título | Descrición | Ligazón |
Infografía radio escolar | Con esta infografía queremos que vexas de xeito sinxelo e directo que é o que necesitas para montar a túa radio escolar. | |
Agueiro de Carlos Baena | Unha recopilación de recursos sobre a radio escolar do profesor do IES Chan do Monte (Marín) Carlos Baena Ozores, onde expón recursos e ligazóns útiles para que o profesorado comece a relacionarse co mundo da radio escolar. | |
Cómo hacer una radio | Dende “La Aventura de Aprender”, chéganos esta guía de “Cómo hacer una radio”, cunha explicación de que necesitas para montar unha radio. Trátase dunha guía en pdf que xa ten os seus anos pero que na fundamentación do funcionamento e o emprego da radio é totalmente actual. | |
Radio Edu | Un proxecto da Consellería de Educación e Emprego de Extremadura que fomenta o emprego da radio nas escolas. Na súa web calquer docente, centro ou profesional relacionado coa educación poderá atopar todo o necesario para facer radio escolar, así como consultar experiencias e exemplos de boas prácticas. | |
Exemplo de guión | Hai que ensinarlle ao noso alumnado como facer un pequeno guión antes de ir traballar na radio. Un xeito doado de explicalo e de organizalo é mediante unha táboa. Aquí podedes atopar un exemplo para descargalo en pdf ou doc. | |
Poemas para un cuerpo | Proposta didáctica para secundaria feita por Aitor Lázpita, profesor de Lengua Castelá e Literatura no IES Nazarí de Salobreña (Granada). Esta actividade para o seu alumnado combina maxistralmente a creación dun podcast co emprego da IA de ChatGPT | |
¿Qué ocurrió en 2020? | Outra proposta de Podcast de Aitor Lázpita, neste caso enfocada a alumnado de 2º de Bacharelato. Propón facer un podcast semanal no que despois de investigar o seu alumnado explique que está pasando no mundo nestes días trala época Covid. | |
Carlos de Hita: O son da natureza | Autor dos libros: Bosques, viaje visual y sonoro. Anaya Touring 2019. El sonido de la naturaleza, un calendario sonoro de los paisajes de España, Anaya Touring 2021. Ambos os libros están ilustrados con máis de setenta códigos QR que enlazan con montaxes sonoras reconstruídas, como ao ditado, a partir dos textos escritos. | |
Formación de profesores de español como lingua extranxeira | Audios e propostas didácticas (de comprensión e contidos culturais), preparadas para ser presentadas na aula, organizadas por niveis. Todos os documentos sonoros son de Radio Exterior de España e Radio Nacional de España. | |
Rúbrica de avaliación dun audio | Aquí podedes atopar unha rúbrica da creación dun audio elaborado polo INTEF. Tamén nas propostas didácticas do profesor Aitor Lázpita podedes atopar un similar. | |
A bordo de tu curiosidad | Unha viaxe polas preguntas e retos da ciencia actual da man de Carlos Briones Llorente e Kim Amate. Cal foi a orixe de todo? Podemos viaxar no tempo? Que é a vida? Podería haber outras vidas no Universo? E todo isto ao longo de 52 breves e suxestivos capítulos, un por cada semana do ano. | |
Orientacións sobre o emprego de ferramentas dixitais | Orientacións sobre o uso de ferramentas dixitais no ámbito educativo desde a perspectiva de protección de datos. Un documento exhaustivo feito polo Ministerio de Educación e o INTEF. | |
Escoita o universo | Escoita o universo: sonificación de datos e documental da NASA. A principios de 2024, foron publicadas tres sonificaciones de datos de imaxes obtidas co Observatorio de raios X Chandra da NASA e outros telescopios, xunto cun documental acerca deste proxecto que fai o seu debut na plataforma de transmisión de contido NASA+. | |
WordPress Responsive Table