16 Xuñ2018
Retos para programas de radio
Hai moitos xeitos de propoñer o traballo dos programas de radio dentro da aula, pero sen dúbida a dos retos por equipos é unha das que máis divirte aos pequenos e pequenas.
Aquí vos deixamos tres modelos de retos que empregamos este ano nas formacións de Radio na Biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia:
- A contorna do teu centro e o colexio: un programa que potencia as competencias ALFIN/AMI que a UNESCO considera que debemos integrar no noso sistema educativo.
- Os bookclubers: un programa pensado para potenciar a lectura nas aulas e nas casas mediante compañeiros e compañeiras que aconsellan a lectura de determinados libros.
- O conto dramatizado: un xeito divertido de achegarnos á lectura dos contos e ao emprego das distintas entonacións e modulación da voz, xogando co emprego dos efectos especiais para xenerar ambientes.
Descargar en PDF [528Kbs]
"Trackback" Ligazón dende a túa web.