No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou…
Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.
A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.
É unha ferramenta didáctica TIC tradicional pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.
Podes ver esta presentación premendo na seguinte ligazón http://bit.ly/aradionaescola dende onde poderás descargala de balde.