Radio Belelle, no CEIP de Maciñeira de Neda (A Coruña) é unha das emisoras decanas das escolas galegas. Trinta son os anos que levan traballando con ela e facendo programas en directo.
Neste momento, no que a emisora vive un relevo xeracional, onde as personas que a montaron xa non están no centro. Ana Martínez Rey fálanos do traballo previo e do que andan a facer neste intre.
Hoxe Radio Belelle é a protagonista do noso cuestionario a queimarroupa para radios escolares.
No CEIP Isaac Peral de Ferrol levan xa tres anos navegando a bordo da súa Radio Chalana, e así nolo contan. A experiencia, como nós din, é altamente satisfactoria, non hai máis que oírllelo contar e lanzar unha das frases favoritas de tod@s @s que se mergullan neste mundo: “A radio engancha”. Tanto, que eles/as mesm@s nos mandaron a entrevista non só en papel senón tamén grabada (podédela escoitar aquí). Hoxe Radio Chalana é a protagonista do noso cuestionario a queimarroupa para radios escolares.
Na nosa entrevista de hoxe marchamos cara a terras coruseñas, concretamente visitamos a un centro rianxeiro o IES Félix Muriel. Radio Rianxo foi o nome con que a radio deste Instituto de Rianxo iniciou a súa andadura polas ondas, porén, este non sería o seu nome definitivo, a cousa ía dar algunha volta… O seu primeiro programa no instituto deu en chamarse “Rianxo Fala”, e tanto callou, que ese sería o nome co que finalmente se coñecería a radio escolar do Instituto. Estes e outros datos sobre a súa andadura cóntanolos a súa coordinadora Valentina Formoso na entrevista que lles fixemos para Rede Espora.
Hoxe Rianxo Fala é a protagonista do noso cuestionario a queimarroupa para radios escolares.
No CPI Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) descubriron a radio gracias a uns obradoiros que lles ofreceron vai xa para cinco anos, e dende entón o éxito entre o alumnado foi tan grande que non pararon.
Ainda que lle andan a procurar un novo nome, o proxecto xa é unha parte máis do centro e non teñen pensado deixar de traballar con ela.
A radio do Virxe da Cela é a protagonista do cuestionario a queimarroupa para radios escolares. Aquí o tedes:
No CPI Mosteiro Meis saben ben o que é ter un caso de éxito gracias ao emprego da súa Radio Escolar Mosteiro Meis. O traballo de fomento da lectura, que a mestra de 3º de E.P. Pilar González Mato levou a cabo na súa aula durante o curso 2016-2017, foi quen llelo proporcionou…
Ela, xunto con parte do seu alumnado, fálanos desta experiencia.
A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.
É unha ferramenta didáctica TIC tradicional pero que tivo pouca presencia na escola ata as dúas últimas décadas, na que se incorpora pola facilidade de emprego coa chegada da informática, de Internet e o abaratamento da tecnoloxía.
Podes ver esta presentación premendo na seguinte ligazón http://bit.ly/aradionaescola dende onde poderás descargala de balde.